
Texto en Braille na tapa do meu bote de Gel (Dermo)
Levei unha certa sorpresa ó topar algo grabado na tapa do bote do gel. Sen coñecelo moi a fondo, aquelo parecía ser Braille. Non debería ser tal sorpresa, porque coido que tería que estar xa case todos os productos etiquetados en Braille. ¿Non? Pero vese que as empresas non lles preocupa moito facer a vida un pouco máis fácil ós cegos.
Cada mañá voltaba a reparar en aqueles simboliños, e pasabanme pola cabeza moitas preguntas. ¿Coma saben en que dirección se len? (Sendo coma son simétricos os símbolos, terán que probar nunha dirección e outra para ver que texto ten sentido). ¿En que idioma estaba escrito? (Porque o resto da etiquetaxe estaba coma é xa moi habitual: en Portugués e en Castelán. ¿que idioma escolleron para a tapa?) E o máis importante ¿Que tiñan escrito? ¿Xel? ¿Tapa?
Coma descubrilo eran apenas 5 minutos da miña vida, pois mirei. Os símbolos eran ⠏⠗⠑⠎⠎. Que en Braille quere dicir... PRESS. Hei de admitir que me sinto un pouco defraudado. ¡¡Nen en castelán nen en portugués!! Seguramente os símbolos estan ahí porque os botes veñen dunha partida fabricada para o mercado inglés ou americano (onde pode que sí sexa obligatorio etiquetar en Braille). Tanpouco o contido da mensaxe é especial en nada, é algo simplemente funcional... dicir onde hai que premer no bote para abrilo. Mira ti...
Unha teima recurrente nas conversas cos amigos ven sendo a de «que pena que xa apenas emitan na tele series inglesas». Semella que todos temos moi bóas lembranzas de aquelas emisións de Mildred e George, Os Novos e ¡ata Benny Hill! Por contra, vemos case calqueira trapallada americana que estrenan.
Así que me levei unha bóa sorpresa que os de Antena 3 emitiran a (supostamente) mítica serie inglesa Life on Mars . Home, non houbera morto por tela visto, pero si me houbese apetecido ver coma resultara. Menos mal que sempre hai unha segunda oportunidade: podo ver os capítulos en DVD. E non esta mal de todo a serie. Se cadra o que máis se lle aprecia é este aire de carallada que ten. Que se ben aparentemente é unha serie dramática, todo ten un certo cachondeo.

Unhas carreiriñas por Manchester (con estilazo anos 70)
E vendo o segundo capítulo, un escenario moi familiar: ¡eu tamén fixen jogging por un de estes canales de Manchester! Home, estes estaban perseguindo a un mangante, pero eu estaba tentando facer algo de exercicio. Así despois de ver a serie, non me extraña que escollesen a localización do canal. Porque de cando paseaba por eles, xa me parecía que aquelo tiña un ambiente moi retro. Non é de extrañar, porque tradicionalmente, o que había en Manchester pegado ós canales eran as fabricas textis, e coma debe haber xa máis de 80 anos que a industria textil se afundiu, aquelo non ten cambiado moito. Iso sí, teño que dicir que era ben bonito a paisaxe do canal (ainda que estivese un pouco cheo de merda).
Fai uns cantos anos (cando miro a data quedo bastante abraiado: ¡5 anos xa!) escribin sobre as mellores empanadillas de Vigo (as mellores na miña opinión). Co paso do tempo resultou que á xente lle gustou moito esta páxina. E de feito ten bastantes seguidores. As razóns son obvias: ¡¡todo o mundo gosta das empanadillas!!
Un dos lugares a ter máis en conta é O Barril, ainda que só sexa pola insistencia no pasteliño fritido: ten unha gran variedade de empanadillas e lles da moito protagonismo (non lembro se ofrecen algunha outra cousa). E sobre para falar da calidade mellor preguntarlle a iRamos, que nas escasas ocasións nas que para en Vigo case sempre se achega a O Barril.

Do 77 marcha ó 63, e dende o 72 ó 08
Pois tal coma me avisaron a semana pasada, O Barril cambiou de sitio. Antes estaba en Lopez Mora 77 e agora está en Lopez Mora 63 (apenas uns 100 metros na misma rúa). E tamén cambiou un poquiño de nome. Antes era "O Barril" e agora é "A Tapa do Barril". Tiña ganas de comprobar que aparte do cambio de sitio, as empanadillas continuaban a ser tan bóas como sempre, pero pechan o sábado e o domingo. Así que deixarei un oco nesta páxina para cando este por Vigo durante a semana e poda probar as empanadillas.

Bye Rañala - 4-Abril-2008 - Calle Barco, Madrid
Sempre hai algún poeta cun rotulador no peto para cando lle chega a inspiración. En este caso, o interesante é que esta foto foi feita en Madrid, na rúa Barco, no barrio de Malasaña. ¡¡O mundo esta cheo de poetas galegos!!
E xa que falei de Malasaña, ¿para que parar? Unha das cousas que máis me chamou a atención na miña estancia en Madrid, foi mirar coma Movida de Malasaña ía virando do rock'n'roll (na súa variante máis encantadoramente chusca) á música negra (id est: soul, funk e todas estas cousas dos anos 80). O que máis me avergoña do caso é que o tiven que descubrir a traverso dun artigo de Diego A. Manrique. Eu, que andaba por alí tomando copas e bailando, ¡non me dera conta!
Evidentemente, non hai que ir ós bares adecuados. E niste caso foi bastante gratificante descubrir o Bar&Co (na rúa Barco, precisamente). Unha opción moi agradable para a noite de Madrid: a partir das 3:00 da mañá, as opcións para seguir a festa eran poucas e non moi satisfactorias (se un non é un apaixoado da música electrónica machacona). E o Bar&Co abre ata ben tarde e gostan dunha música inusual pero moi bailable: soul e funk dos anos 60 e 70. Ainda que nesta última visita parece que xa estan máis metidos no Big Beat e música de baile dos anos 90. Pena, ¡¡era tan orixinal o de poder bailar música negra en España!!

CEFA - B R CRUCES | O bar favorito dos disléxicos
En esta visita a Coruña, moi cerca do comezo da Ronda de Outeiro topei este cartel. Xa que teño una certa dislexia, pois topeille certo aquel. Espero que o manteñan uns cantos anos, ainda que só sexa coma pequeno tributo ós que temos problemas ca lectura...

Todos os Tuk Tuk de Bangkok tiñan este S
Será que nos fixamos nas cousas pouco importantes, pero ós dous días de estar en Bangkok xa nos preguntabamos que sería este "S" que aparecía sempre nos adornos do Tuk Tuk.