
4 horas de Carabao en Karaoke
Viaxar de aforrandicas e sen planificar ten o seu aquel... Así, eu collín en Tailandia un autobús entre Phang-Nga e Krabi. Viaxar en autobús en Tailandia serve para coñecer un pouco máis a cultura dos Tailandeses. (Se ben se tampouco hai que se pasar... mellor coma no meu caso, unha viaxe de 4 horas, porque xa un traxecto de 24 horas, vai ser demasiado.... esgotador).
No meu caso coñecín a uns tales Carabao, que son o grupo de rock máis famoso de Tailandia. Tan famosos son, que ata existe unha bebida enerxética chamada Carabao (fixadevos que o logotipo é clavadiño ó da banda). Nunca o hubera imaxinado (de non ter collido o autobús) pero cheguei a coñecer bastante a fondo a estes Carabao: ¡4 horas escoitando e vendo a os seus videos! Coma este por exemplo:
Pois sí, todos os videos eran do estilo de este. Quero dicir que todos tiñan a letra da canción impresa. ¿Version Karaoke? Pois algo así será. A min non me deixan de facer pensar en Santana. Fisicamente, parecense todos un pouco. ¿Non sí? E na música, tamén teñen un certo aire (os fans de Santana hanme zuscar por este comentario). E sí, todas as cancións adoitaban a ser deste estilo, baladóns (ou algo así) con guitarra. Hala para rematar unha chea de videos de Carabao.