Isto ha de encantar a todos os fanáticos do Risk: War in Rio (é interesante destacar que en Brasil o o Risk se coñece coma War). Conseste nunha versión do xogo de mesa, na que os territorios son os bairros da cidade de Rio de Janeiro e os equipos son as diferentes bandas criminais da cidade (máis a policía e o exercito).
A quen lle pareza un pouco frívolo, nas verbas do seu autor: "Usar de irreverência para discutir assuntos sérios é uma estratégia de atingir mais pessoas, e de mobilizar os meios de comunicação para debater o que não deve ser apenas noticiado."
Unha vez máis, topeino en Pristina.org, un blog moi 'legal' (coma di moitas veces o propio Felipe Tofani).
Por certo, non esta mal lembrar que que o inventor do Risk foi o autor da película O globo vermello, que tanto me gustara de cativo.