Barcelona la Nuit

11-12-2007

A noite de Barcelona non me desagradou nada. E iso que non esperaba moito (canta xente me tiña rosmado de que Barcelona era moito máis aburrida ca Madrid). Pois nada, así sen buscar moito, atopamos uns cantos lugares ben interesantes no Barrio Gótico (mapa). Na mesma rúa tiñas dun lado o Malpaso, un bar de estes de rockeiros escuros sesenteiros, que tiña (e nos tamén aportabamos variedade a este ecosistema) a todo tipo de xente ben extraña. Ademáis, poidemos escoitar unha canción que dicía "¡Non hai Xeito! ¡Satisfeito!", mentras sonaba o famoso rift dos Stones. Xusto enfrente estaba outro bar chamado Bar Rosa realmente diminuto (e decorado coma un Rastrillo do Centro Retro). Neste caso o toque musical era música electrónica extrañísima, que poñía o dono (cun parecido razoable con Jimmy Sommerville) no seu ordenador. Tampouco tiña nengunha perda a xente que andaba polo bar, que iban dende uns negros grandes a uns señores maiores (maiores ca min, que eu xa teño a miña idade). Todos pasandoo bastante ben. E xa para rematar, non moi lonxe de alí, na Praza da Raiña, hai un lugar bastante curioso coñecido coma Pipa Club. Que é, nin máis, nin menos, ca un club de fumadores, pero que parece que se convertiu tamén nun tugurio para noctambulos. A música non é gran cousa, e a bebida é ben cara, pero non deixas de preguntarte: '¿coma viñeron a dar toda esta xente a un bar onde hai que chamar no portal e subir por unhas escaleiras para poder ir?'. Ainda que só sexa por esta curiosidade ou por poder fumar a gusto (só faltaría nun club de pipas) merece a pena unha breve visita.

Bar Rosa / Malpaso / Pipa Club - Nightlife in Barcelona

1. Bar Rosa, 2. malpaso, 3. bcndes2005 011, 4. Drinking game


feed de comentarios - top


·La Rabadilla· ·Laconada· ·iRamos· ·O Vello Corvo· ·Palabros·
counter [CSS 2 Valid!] [XHTML 1.0 Valid!] [Made with Ant] [Get Firefox] RSS 1.0RSS 1.0 Atom 1.0RSS 1.0