Onte pola noite estiven a me despedir dos meus compañeiros de traballo indios.... Fixome gracia que mentras eles se despedian uns dos outros, un dos que marchaba comentou ós que quedaban:
«... I'll scrap you ...»
Mira que curioso, fai uns cantos meses escribira eu sobre o Orkut, que xustamente coñecera (de ollada) polos meus compañeiros de traballo da India. Unha das cousas que máis gracia me facía do tema de que a xente usase a verba "scrap". Pois acababa de estar presente nun uso coloquial da verba. ¡Pois sí! O Internet xa comeza a influir na linguaxe da xente...
De feito tamén (non creo que impresionado por este suceso linguistico) decidin que me vou dar de alta no Orkut este. En parte porque xa teño unha conta de GMail (e non me teño que dar de alta), en parte para seguir en contacto cos meus compis de traballo (porque estes aparte de adicar moito tempo ó Orkut este, non son moito de correo), e por outro lado por tocar un pouco as narices...
Porque o MySpace é demasiado feo, delirante e está demasiado cheo de yankis estúpidos, porque o FaceBook é demasiado clasista e demasiado bonitiño. Logo estaba o Friendster, pero este é demasiado parecido ó MySpace pero con menos éxito (...así que para que...). En cambio estou a ver que entre os brasileiros e os indios, o Orkut é o lugar para estar. Porque eu tamén me sinto máis "en desenrollo" que "desenrolado". Cansa un pouco tanto occidental e tanta trapallada... vamos a probar unha nova cousa...
(For the non Galician speakers that read this, I am just telling the other day I heard about Orkut - because somebody talked about "scrap" - and that I have decided to join in Orkut)