Teño que admitir que son un mercador impulsivo (que non compulsivo). Por iso moitas veces me pasa coma hoxe, que mirando a miña colección de CDs descubrín que tiña o Automatic dos Jesus and Mary Chain. Menuda cabeciña que teño, non sei como podo ser capaz de me sorprender mirando a miña propia discoteca. Menudo descontrol que teño. Pero non foi unha sorpresa desagradable. Foi toda unha ledicia poder disfrutar dun novo disco (pero que xa tiña na casa). Non é o mellor disco dos irmáns Reid, pero non esta nada, nada mal. E o Head On é unha canción que me encanta (sobre todo na versión dos Pixies) (Tamén destrozada polos Buergois Tendencies)