A segunda vida do Roland 808

01-10-2007

Iste raparigo é o TR-808
Iste raparigo é o TR-808

Encantame as historias de caida e redención, e podería pasar por unha historia de estas a da Caixa de Ritmos Roland TR-808. As caixas de ritmos non estaban directamente relacionadas ca música electrónica, se non que se fixeran pensando na comodidade dos solistas e os grupos pequenos, que se podían aforrar levar un percusionista con eles. De feito xa existían dende bastante antigo, moitas tirando de ideas tan pouco sofisticadas coma cintas que se repetían ó infinito e tal.

Os paisanos estes de Roland xa fixeran unhas cantas máquinas de estas. Pero retornado á nosa historia, alá polo ano 1980, apareceu a bestia: o TR-808, que era das primeiras máquina programables. Vamos, que a xente podía preparar os seus propios ritmos, en vez de usar os que viñan de fábrica. Podías programar uns ritmos que non parecían nada tambores de verdad. ¡Soaban terribles! Entre que sonaban mal, que a máquina era bastante cara, e que pronto houbo mellores máquinas no mercado, a TR-808 foi un bó fracaso, e se deixou de fabricar ós poucos anos.

Este foi se cadra a razón da súa nova vida. Con tanto comprador frustrado, as máquinas acabaron rapido nas tendas de segunda mano. Co que a finales dos 80 había unha chea de TR-808 baratos, e un montón de jillados que se animaron a facer cousas coma o house, o techno, hip-hop e tal... Para estes tipos de música, xa non importaba que os ritmos soasen tan artificales. Todo o contrario, era perfecto para o que querían. Enton, con tanto apaixoado da TR-808, hoxendía paganse a prezo de ouro estas máquinas de segunda man. ¡A un prezo que case é superior ó que costaban cando sairan ó mercado!


feed de comentarios - top


·La Rabadilla· ·Laconada· ·iRamos· ·O Vello Corvo· ·Palabros·
counter [CSS 2 Valid!] [XHTML 1.0 Valid!] [Made with Ant] [Get Firefox] RSS 1.0RSS 1.0 Atom 1.0RSS 1.0