Eu de música non sei apenas nada, pero sempre vou aprendendo pequenas cousiñas. Todo por escoitar a un grupo inglés chamado Spiritualized coñecín o concepto do 'drone'. Termo que en galego parece que se traduce por nota pedal (un nome ben curioso). O curioso en este tipo de notas é que cando se mencionan instrumentos típicos que producen notas pedales, mencionanse ós sitares e sargams indios e as zanfonas e gaitas, tan galegas elas. Nunca, nunca, nunca, houbera imaxinado que poidese haber unha relación (por tan causal que esta sexa) entre a música oriental e a música galega. Mira ti.