
Fino com cola, fino com groselha
De estes pequenos problemas de choque cultural e andar apalominados. Estabamos de visita en Portugal, en Oporto, e paramos a tomar un refrigerio nunha terraza da Ribeira. Mirando na lista das bebidas, apeteceunos tomar un 'Fino': un fino con cola e un fino con groseia. ¡A saber que sería aquelo!
Pois aquelo resultou ser unha cervexa. O que en España chaman Caña, en Portugal é un Fino. Iso sí, as nosas ganas de probar cousas diferentes non quedaron defraudadas: unha era unha cervexa con cola (combinación bastante desconcertante) e a outra era cervexa con groseia (ainda máis extrana e pouco apetecible).
(Ah, e o principe é tamén un fino, pero en vaso de tubo).