Xa vai para un ano que traballo cuns rapazolos indios. (Eles mesmos non houberan esperado vivir durante tanto tempo en España, pero así son as cousas). Teño que admitir que sempre tento manter unha certa distancia cos meus compañeiros de traballo (non por nada en especial, pero sempre penso que se traballa mellor e se evitan líos), pero con tanto tempo si que teño feito unha pequena amistade con eles.
Aparte da miña certa frialdade cando se trata do entorno laboral, tamén teño o hábito de non ser demasiado curioso (ou canda menos de non facer moitas preguntas). Así que as cousas que sei sobre a India é porque eles mas teñen comentado por vontade, ou porque ten xurdido nalgunha conversa.
Unha cousa que si sei seguro é que os Indios son uns apasionados á música (india, tanto tradicional coma pop) e do cine. Cine indio (tanto en hindi, coma en calqueira outro idioma das diferentes partes do país). Isto non me sorprendeu nada.
O que si que me sorprendeu foi o cine estranxeiro que ven os indios. Por exemplo, quedei sorprendidísimo cando os ndios non sabían quen era Dark Vather e non sabían nada da Guerra das Galaxias. As películas non gustaron nada da India: case ninguén as viu. Os millóns de taquilla apenas sairon da India. Das películas americanas, segundo me comentaron, gostan en India as románticas e as comedias.
Pero o outro día me sorprenderon un poquiño máis cando me descubriron que Infiltrados se trataba dun remake dunha película koreana: Infernal Affairs (no era koreana, se non honkonesa: curioso que se confundiran ca nacionalidade da película). Vexo que tamén estan bastante ó día de cine asiatico en xeral na India.
Aparte de me recomendar ver Infernal Affairs, recomendaronme ver unha comedia koreana (esta vez sí) un pouco golfa: Zero Sex. Evidentemente, non vai ser un peliculón, pero ha ser divertido ver que tonterías fan os koreanos.