Un fío que importa moito

06-01-2007

Fai unhas semanas descubrín unha curiosa costume xudea. Para os xudeos ortodoxos, teñen prohibido calqueira actividade e non poden sair de casa durante o Sabath (que coincide co noso venres). Repito: non poden sair de casa. Pero feita a lei, feita a trampa. Para que os xudeus podan sair de casa e facer cousas durante o Sabath, pois se define unha casa máis grande, unha casa enorme, que abrange varias rúas ou incluso barrios enteiros.

Así resulta que os xudeus teñen rodeado de fío boa parte de Manhattan. Sí, tan só un fío (fío de pescar) enganchado a uns postes. Toda esta zona de Manhattan pasa a ser entón nun eruv, e os xudeus poden percorrer a zona sen cometer pecado. (Ou iso é o que entendín).

Multitude de preguntas curiosas xurden... Sí, pagan ó concello de Nova Iorque polo uso da terra. Pero... ¿quen os instala? ¿Os propios xudeus? ¿Se cae unha parte do eruv,deixa de ter validez? (Parece que sí, porque co vento cae ás veces e os rabinos deben revisar o estado do Eruv todas as semanas). ¿E que pensan os non xudeus de ter os fíos molestando? Canda menos en Londres tiveron certos problemas para costruir o seu.


feed de comentarios - top


·La Rabadilla· ·Laconada· ·iRamos· ·O Vello Corvo· ·Palabros·
counter [CSS 2 Valid!] [XHTML 1.0 Valid!] [Made with Ant] [Get Firefox] RSS 1.0RSS 1.0 Atom 1.0RSS 1.0