Unha quina coma James Bond

29-11-2006

Neste mundo do product placement, os campeóns son os de Lillet, que conseguiran que James Bond bebera o seu aperitivo Lillet nos libros de Ian Flemming (ainda que ben pronto mudou para o Vodka-Martini - ¡Rusia ten moito amor! ).

Por tanto, Daniel Craig toma Lillet. Eu fíxome nos pequenos detalles, e descubro que Lillet ¡é unha quina! (canda menos antigamente). Iso sí, en nengún caso parece ser un vermouth.

É fascinante descubrir que James Bond tomaba quina. Por tanto, cando de pequeno a miña abóa me poñía galletas con Quina Santa Catalina ou Vino Sansón (que coido que non era unha Quina, pero que causaba sensación de euforia e mareo similar), estaba a me facer sofisticado. Mira ti por onde....


feed de comentarios - top


·La Rabadilla· ·Laconada· ·iRamos· ·O Vello Corvo· ·Palabros·
counter [CSS 2 Valid!] [XHTML 1.0 Valid!] [Made with Ant] [Get Firefox] RSS 1.0RSS 1.0 Atom 1.0RSS 1.0