Hoxe é o día despois do día despois da Xuntanza de Blogastronomos Galegos. Foi un evento moi agradable e memorable. Unha parte do mérito hai que repartilo entre os asistentes, que colaboraron a que fose entreteida, instructiva e simpática. A outra parte (e se cadra a máis importante) deberá levala Yayo Daporta (que na parte da cociña o fixo moi ben). A crónica da comida ainda está de camiño, porque as cousas ben feitas levan tempo, e agora mesmo ando escaso de eso.
Pero xa está feito: xa comentei as experiencia (gastronómica e social) da 'Xantanza'. Para non repetirme, a verdade é que quedei moi contento da comida. Tendo en conta que non me gusta moito o fígado de oca, non está nada mal que me convencese o cociñeiro. Teño que admitir que o que máis me impresionou foi o plato máis sinxelo, pero máis ca ignorar as innovacións, o que me impresionou foi o ben que resolveu un plato sinxelísimo, onde non había maneira de ocultar un erro.
En canto á parte social, foi curioso verme metido en medio de todos eses blogueiros... xente á que non coñecía de nada, e que teño que admitir, que fai unhas cantas semanas non lía (pero que agora sego diariamente, non tomedes represalias)... Exceptuando a Mr.DePinchos, de quen era lector fai un montón de tempo. Unha das razóns de apuntarme a este evento foi precisamente o coñecer á xente que difunde información sobre a cociña en Galicia. Cada vez máis veces quero coñecer cousas sobre a cociña Galega (onde comer, que cousas novas estan saindo,...). E toda esta xente fai un gran traballo neste ámbito: Galicia Gastronómica, Colineta,De Pinchos,Pantagruel, Supongo,Capítulo 0, Cocinalia,D54O (en realidade se chama 'Diario del Gourmet de Provincias y del Perro Gastrónomo', pero me parece excesivo o nome, e ó mais puro estilo geek convertino en D54O).
Ah, unha gratitude especial para Miguel e Ramom, que por estar sentados ó meu lado, non se poideron librar de min en toda a comida. Estou encantado de telos coñecido.