Fai uns cantos días entereime do proxecto dunha xuntanza de gastronomos que blogeaban. Ainda que non teño moi claro se eu son gastronomo ou non, e ata que punto son un blogueiro... Si me gusta escribir de comida, e si que teño interés en ver a que nivel está a cociña galega. Ademáis confío en que o meu padal e os meus dediños podan dar algún punto de vista interesante do evento. A data está decidida e o lugar tamén: Yayo Daporta (Cambados).