PingMag

22-10-2006

Todo foi ler por ahí: Top 10 ad-tricks in Tokyo’s train stations. Alá fun correndo a ler aquilo. Tokio mola (relativamente), os anuncios molan (ainda máis) e o tren (interesame moito). E non está nada mal o artigo: detalladísimo listado de todas as opcións que se poden topar nunha estación de metro de Tokio. É tan gráfico, que ainda non entendendo moito inglés, todo se entende moi ben (ata en xaponés parece igualmente interesante).

Este artigo forma parte dunha revista chamada PingMag... O seu subtítulo di que é unha revista de 'Deseño e facer cousas'. ¿Facer cousas? Non trata de bricolaxe. Tampouco é o típico coñazo de revista de deseño que me botaría atrás. E coido que non fai falla ser un niponófilo que pareza interesante...

¿Quen non estaría fascinado cun artigo sobre a ¿Moda nos obreiros da construcción'? Impresionante en todos os aspectos: a excelente parte documental no comezo, o facernos descubir ós tobi, que calzan tabis (non confundir uns cos outros), ou eses pantalóns tan peculiares (non se pode perder un as fotos dos modelos ca roupa de traballo). A unica maneira de superar todo isto é cunha entrevista ós propios obreiros (que fan). E para rematalo, unha tirada de fotos 'fashion' no mais puro estilo tobi.

Non menos remarcable é o artigo sobre o Dr.NakaMat, ¿inventor? do floppy, e orguiosísimo gañador do igNobel de nutrición. Ou un documento detalladísimo sobre as zocas xaponesas (apasionante as pezas arquelóxicas). E coinciden conmigo na pasión pola arquitecture futurista sovietica. Tamén escriben de fútbol: balóns de fútbol. Tamén fan unha lista de trapallada con conector USB. Ou a visión xaponesa de algo moi habitual en Madrid. Todos os artigos feitos ó detalle. Cunhas fotos preciosas e moi divertidos.


feed de comentarios - top


·La Rabadilla· ·Laconada· ·iRamos· ·O Vello Corvo· ·Palabros·
counter [CSS 2 Valid!] [XHTML 1.0 Valid!] [Made with Ant] [Get Firefox] RSS 1.0RSS 1.0 Atom 1.0RSS 1.0