6 cacheiras 6

17-10-2006

Estoume a convertir un adicto ó AdSense. Escolleme uns links xeniais... Coma por exemplo unha axencia que fai marketin de boca a orella. Coma na cacheira... dende o morro ata a orella. Menudos caraduras deben de ser... Na casa do ferreiro... anunciandose en Google. Pois si que lles funciona o boca en boca. Ah... imaxino que o nome ha de ser un chiste sobre esta (¿teoría?) dos 6 grados de separación.

E en isto último ten que ver con Orkut: Ademáis de ser un dos sitios web de apariencia máis cutre que teño visto (o cal pode ter tamén o seu encanto); aparentemente o sitio serve para facer novos amigos e estar en contacto cos amigos que tes. É moi probable que acabes facendo un amigo brasileiro: o Orkut está saturado de brasileiros. Ate o punto se orkutea e se escreben scraps...

Esta 'invasão'.... é un bo indicio que o mundo está a cambiar e que cada vez máis xente do mundo ten accesso a Internet. Ata agora en canto acudías a unha páxina global, os americanos eran maioría. En este caso, teñen que ceder ante outro país. Todos os días vexo ó meu compañeiro indio escribindo mensaxes e engadindo xente á súa lista no Orkut... Co que, amigos brasileiros: preparados ate a invasión hindú...


feed de comentarios - top


·La Rabadilla· ·Laconada· ·iRamos· ·O Vello Corvo· ·Palabros·
counter [CSS 2 Valid!] [XHTML 1.0 Valid!] [Made with Ant] [Get Firefox] RSS 1.0RSS 1.0 Atom 1.0RSS 1.0