Pequenos números e grandes males

11-01-2006

A estadística conten unha certa crueldade. Parece que as pequenas porcentaxes se poden ignorar. Pero, o mal, ainda que escaso, non é por menos mal. Eu uso o meu móvil coma despertador. Eu e centos de personas. O momento no que engadiron un reloxio ó móvil foi proverbial para a humanidade: ise foi o grande 'extra', moito máis que as cámaras e reproductores de MP3. ¿Que sería do noso mundo sen un espertador?

O certo é que todos os días do ano o móvil funciona ben: polas mañás mete un ruidazo terrible e me escaralla o sono, e vou de mala gana cara a ducha. Pero hai un par de veces que pasa a hora e o móvil non fixo sonar nada. ¿Que son un par de veces en 365 días? Un 0,5%. Ise número é suficientemente pequeno, coma para que os de Sony Ericsson digan que o seu aparato funciona case á perfección.

O jodido é que o luns pasado estaba en París, e tiña que coller un voo ás 8:00 da mañá. E o espertador non sonou (e cando non mete ruido, eu durmo coma un bendito). Así que xa eran as 6:50 e eu ainda me acaba de espertar. O resultado é que perdín o voo, e tiven que mercar un billete novo (money is money) (e chegar 5 horas máis tarde do previsto ó traballo).

Joder, ese 0,5% de erros é unha cabronada. Tamén é certo que tampouco teño porque deixar de confiar no móvil, porque falla moi pouquiñas veces. ¿Que facer? ¿Vivir ca remota posibilidade do erro? ¿Vivir asustado e ter dous despertadores por medo a que un de eles falle? Pois nada, coido que haberá que vivir ca excepcionalidade.


feed de comentarios - top


·La Rabadilla· ·Laconada· ·iRamos· ·O Vello Corvo· ·Palabros·
counter [CSS 2 Valid!] [XHTML 1.0 Valid!] [Made with Ant] [Get Firefox] RSS 1.0RSS 1.0 Atom 1.0RSS 1.0