Estes últimos meses, cando salgo da casa, dou en pensar nas peliculas de Jacques Tati. Deixo a porta e vexo a dous señores xogando cun rapaz pequeno. Un de eles e o dono do quiosco que hai pegado á miña casa. O outro debe de ser o porteiro do edificio do lado (Madrid é talmente igual a 'Aquí no hay quien Viva', teñenche porteiros en case todos os edificios). O rapaz pequeno non sei de quen dos dous será pariente, pero ben que xogan os tres. Un día estan a botar unha pelotiña contra a parede, ata que algún camiñante se achega, e entón paran o xogo e fan coma se non estivesen a argallar nada. Outra vez vexo a os dous vellos mandando ó rapaz dun lado a outro enriba dun patín. Sonche destas cousiñas pequenas, que canda menos poñen un sorriso na boca pola mañá. Que normalmente o día non vai a moito millor.