Agora a comida Turca

24-09-2006

Logo da comida grega, toca falar da cociña en Turquía. Tamén me decepcionou un pouco. Decepcionoume porque me esperaba se cadra moita máis variedade e descubrir novos platos, e por contra case todo era sempre o mesmo (e o mesmo que xa coñecía de ter probado en España ou Alemaña). Pero non quero dicir que non me tratasen ben. ¡¡Comin moi ben!! A comida era moi barata, moi sabrosa e sempre atendidos con simpatía (que se ben non se paladea, se disfruta igualmente).

Que fame me da relembrar as ensaladas que tomamos en Istambul: aqueles tomates maduriños e saborosos, con pementos e aliñadas co limón (e sempre imprescindible, moitísimo prixel). Que bóas frutas e hortalizas se podían comer en Turquía: tomates, pementos, patacas, mazás, pexegos... E tamé o seu propio té, arroz, bulgur (ese cereal que cocen tamén coma o arroz)... Sorte que teñen no país de ter tan bóas leiras. De feito segundo teño lido en algún sitio, Turquía e un dos poucos 7 paises do mundo que se autoabastecen de alimentos...

Mercado de froitas en Uskudur (Estambul)
Mercado de froitas en Uskudur (Estambul)

Gustame moito visitar as plazas, e en Estambul eran impresionantes. Moi bóa froita, en moi bó estado e cuns prezos imbatibles. Envidia me daba comparando co que vexo no supermercado aquí en Madrid.

Un descubrimento curioso é que canda menos en Istambul, o habitual e facer os bocadillos de döner con barras de pan (nada de plan de pita, nada de bolas,...), iso sí, a barra de pan peculiar turca, que ten unha codia mol. Era divertido ver que os Españoles sentiamonos un pouco defraudados cando nos daban o bocadillo... Home, sempre se podía pidir un durum kebab que estaba feito con pan plano (do estilo da pita). Tamen era sorprendente descubrir que non tiñan a salsa de allo e iogurte que sempre coidei que era o que lles puñan, se non que en Instambul ofrecence maionesa e ketchup. E tampouco vimos por nengún lado os falafel (cousa que xa me esperaba porque sempre coidei que eran máis típicos de outras partes).

Ainda máis soprendente foi descubir os bocadillos de xurelo (¿ou eran rinchas?). Nunca tal imaxinara, facer un bocadillo con peixe. ¿Coñeciades algún caso? Tiñan o pescado alí facendose á brasa, e que logo che metían nun cacho de barra, cunhas ceboliñas e tomate. Se che apetecía, a engadir guindillas. Parecían ser moi populares en Istambul, sendo case omnipresentes na beira do Bósforo, onde se collían os ferries.

¡Que idea tan bóa! Devezo polo xurelo (e tamén polas rinchas) e a maneira que máis me gusta é a brasa. Sorpendeme que tendo tanto peixe en Galicia non fagamos nada do estilo. ¿Non sería unha idea moi apropiada de 'fast food' galego? Home, ben que morremos en San Xoan polas sardiñas co pan... e tamén temos multitude de empanadas, pero a idea do bocata de peixe non deixa de ser atrainte. Canda menos me pareceu a min e a meu amigo koreano. A el ainda máis ca min, porque segundo me comentou, cenou todos os días o seu bocata de xurelo.


feed de comentarios - top


·La Rabadilla· ·Laconada· ·iRamos· ·O Vello Corvo· ·Palabros·
counter [CSS 2 Valid!] [XHTML 1.0 Valid!] [Made with Ant] [Get Firefox] RSS 1.0RSS 1.0 Atom 1.0RSS 1.0