Será que aprendín de eles, pero volto a dar a lata co tema dos 'puyaos'. ¡Porque conseguín máis fotos! Se antes tiña unha foto dunha velliña encantadora, aquí temos outra velliña. Tamen encantadora, e igualmente insistente (¡moi insistente!):

Unha encantadora Puyao
Pero o verdadeiro peligro era cando se xuntaban varios, entón, se facían fortes, e non había quen se librase de eles. Ainda que neste caso, serviu para sacarse unha foto con elas:

Un grupo de puyaos Zhao
Estas señoras eran da etnia Zhao, e cando non tiñan turistas coma nos ás que vender cousas, traballaban as súas leiras de arroz nos outeiros. E cando había turistas cerca, aparecían cos seus minibolsiños negros, a ver se llos compraban. O bolso tiña unha feitura demasiado industrial (a parte de atrás era de poliester), pero canda menos estaba feito de do estilo dos bordados tipicos dos Zhao. E pode que ata o bordado fose feito a man (algunha de estas señoras estaba bordando cando non lles faciamos caso, e pode que o bordado acabase no bolso). Fixadevos, que a velliña encantadora da primeira foto, ainda que era unha habitante do val, e non Zhao (ainda que tampouco habían ser chinos Han), ¡¡tamén vende os mesmos bolsos!! Vamos, que era o souvenir inevitable de Guangxi (e sí, finalmente non poiden resistir á insistencia 'puyao' e merquei un).