Hai moitos tipos de chinos na China, pero un dos grupos que máis atopabas eran os puyaos. En canto parabas ó lado de algún monumento, te preparabas para disfrutar dunha boa vista, ou te sentabas a descansar un rato, aparecían inumerables puyaos, tentando venderte algunha cousa. Non realmente algunha cousa, se non un tipo determinado de elas: postais da provincia, patiños de madeira, pulseiras de colores... Ou se non, tentaban que lles mercasemos Coca-Colas ou cervexas.
Tentabamos desfacernos de eles dicindolles puyao (alguén nos dixera que quería dicir non quero) xe xe (coido que quería dicir gracias). Non había maneira. Eran ben insistentes. E non servía de nada lles mercar unha cousa, porque só servía para os animar a que te ofrecesen de comprarlles dúas... Eu xa non sabía que facer cunha pulseira, canda menos con 4. E eles parecían demasiado convencidos da máxima consumista: canto máis mellor.
Eran unhas personas encantadoras, e dabamonos ben conta do moito ben que lles podería facer 1 euriño, pero tanta insitencia e tantos coma eran a querer atención nos abrumaban. Xa non sabiamos moi ben coma escapar e poder ter unha viaxe tranquila.

Unha encantadora Puyao
(Estiven en Yangshuo, pero non fun eu quen sacou a foto a esta puyao).
(Pero sí que teño fotos de outros puyaos)