Un domingo que pasei na cama vendo de me mellorar dun catarriño. E para pasar o tempo din por facer unha visita á Wikipedia. Primeiro descubrir que era Usonia (palabra descuberta logo de ler sobre Rosenbaum House). De ahí a Madison (Wisconsin) (curiosa cidade, tanto pola súa fundación, coma polas súas querencias políticas e pola abundancia de lagos). E sorprendentemente voltei á miña inicial curiosidade arquitectonica para saber que era a arquitectura brutalista. Curiosamente o seu nome non é tan despectivo coma descriptivo... pero semella axeitado pola falta de cariño que se lle ten. Se ben non me parecen tan horribles as súas obras: en Londres coido que coñecin Balfron Tower ou Trellick Tower e tiñan a súa certa gracia. Horripilantes habían ser os Robin Hood Gardens. De toda formas non parece que vaia ter bo sitio na historia toda esta corrente de arquitectura.
Logo unha visita curiosa ó Forum Romano (que non é o único Forum en Roma). Tamén resulta que había máis ca 7 outeiros: o outeiro Vaticano. E xa postos, coñecer a antiga vivenda do Obispo de Roma. E a outra rista de basilicas: Santa Maria, San Lorenzo,... (e máis). E tamén era interesante a lista de primeiros papas comenzando por San Anacleto ata Sixto II (sen olvidarme de San Linus).
Outro monumento interesante do foro Romano non se vía, pero era igualmente imprescindible: a Cloaca Maxima. Outros interesantes elementos subterraneos de Roma eran as catacumbas (tamén da época dos primeiros cristiáns, pero non así as catacumbas de Paris). En París, descubrir os Mexican Perforation, e en Roma, a basílica de Sant Agnese. E na cidad eterna non é posible non retornar ós clásicos: de unha basilica ás termas de Diocleciano ás de Caracalla. E de volta no Foro Romano.
(Ah... e todo esto mellor ca Home English)