Non, non quero insinuar que os nados en Francia sexa pouco espabilados, se non que hei falar de curtametraxes de orixe Francés. É unha pena que o xenero do cine curto non teña moita máis difusión... porque hai moi interesantes obras, que coido que a moitos se nos teñen pasado e nunca temos visto nin hemos ver. Pero pode que Internet axuda a obviar este problema... (Google Video).
La Jetée. (1962) Tiven coñecemento desta película por mediación de Iago. Fascinoume a maneira en que está feita a obra, cunha narración enigmática, e cunha posta en escea 'minimalista' (entenderedes esto en canto a vexades). Cuns medios moi sinxelos, crease unha atmósfera moi creible, e ata conseguen pechar a narración tan breve de maneira satisfactoria. Anos máis tarde, Terry Guilliam necesitaría case 2 horas para contar unha historia parecida.
Rendezvous (1978) Ista tamén é unha película minimalista: ¿títulos de crédito? ¿actores? ¿argumento? ¿diálogo? Non é unha película ó uso... pero non deixa de ser unha idea orixinal... e absurda o mesmo tempo. Unha boa ocasión de ver a París dende outro punto de vista, e descubrir que en Agosto os parisinos estaban todos de vacacións.