Toda a miña infancia na miña casa houbo pan de onte, ou de antronte, ou do día anterior... e comíamos del. A non ser que ese día se fose a mercar pan. E na actualidade, cando vou de visita a casa vexo que sege a haber un bo cacho de pan gardado para o día seguinte (ou o posterior).
Non, non tiven unha infancia de penurias, nen a miña familia andaba xustiña de cartos (ou eramos agarrados). Sinxelamente, na casa preferíamos mercar bólas (ou incluso, cando a miña nai tiña tempo, cocer bólas), e claro, todo ten sentido: unha bóla (de bo tamaño, id est: medio kilo ou máis) non hai quen a coma dunha sentada (ainda que eu, que son de comer no pan, cerca teño estado) e sempre queda para o día seguinte... se non que tamén unha bóla de pan (galega) está diseñada para se conservar ben: vexamos, cortiza abundante e dura, interior blando e pouco cocido, volume máximo e superficie mínima... Vamos, a codia é o envoltorio perfecto.
Sendo cativo, ainda tiven a sorte de ver á miña avóa quentar o forno de pedra e preparar dunha sentada 4 ou 5 bólas (de 2 kilos ou máis cada unha). Con só ver á miña aboa amasando aquela artesa enorme, saianlle a un as ganas de facer algunha falcatruada, imaxinando o que aquela forza sobrehumana podería doer. Estas bolas, gardadas na artesa se iban comendo nas dúas ou 3 semanas seguintes. Claro que sabe diferente o pan cando estaba recen feitiño (recen feitiño facíamos papas con viño e sucre e celebrabamos o éxito da fornada), pero aqueles pans aguantaban aquelas varias semanas, e a min me sabían de maravilla (canda menos moito mellor ca as barras de masa desconxelada que agora topamos a bo precio no hipermercado). E comprensible que dado o traballo e o esforzo de utilizar o forno de leña, o pan se fixese para aguantar máis.
(A miña memoria se limitou no parrafo anterior á unha das miñas avóas, porque certo é que hai 2 meses a miña outra avóa tamén prendeu o forno e nos preparou unhas pezas de pan, coma de cando en cando segue facendo. Cada unha de elas fai o pan coma gusta no seu sitio, e se nun sitio gusta o pan en enormes pezas, no outro as pezas son mais miudas. Se nun sitio a codia e dura, no outro e suave e fina, se nun o miolo é gomoso e cheo de buratos, no outro o miolo leva manteiga de vaca e ten apariencia de biscoito. Ambas pezas de pan, pequenas obras de arte.)
Por tanto non chego a percibir cal é a evolución de que a nosa civilización urbana poida acudir a mercar pan recén (¿recen?) feito todos os días. Pena é que pola tarde, se non xa mesmo incluso na mesma mañá a barra que compras xa é dura e seca. E os que vivades en Galicia non podedes protestar (polo momento). Canto de menos boto eu o pan (mediocre) que se pode tomar en Galicia. ¡¡Canto máis malo é o que merco en Madrid!! Curioso me parece que aquí se venda xa pan reseso e picado para facer migas cando calqueira podería servir....