¡Milagro! Onte fun ó cine, a ver a moi prestixiosa Crash (mala idea tiveron en chamala coma unha película moi recente de David Cronnenberg). A película é agradable de ver e está ben relatada. (E hai que destacar que ainda sendo un drama, é moi divertida: a xente riu un cacho en moitos momentos da película). Se ben, en moitos momentos non me houbese importado que rematase tanto, co cal podería dicir que non xestionaron moi ben o ritmo da película.
¿Estou errado ou parece ser que o tema principal da película son as relacións interraciais? Sendo un pouco xenérico se pode dicir que a película está baseada en coller diversos grupos de persoaxes de diversa orixe, e ver coma interaccionan uns con outros. ¿Ou non? Parece un tema atrevido... E coido que xa non podemos pensar que nos sexa tan lonxano. Agora nos tamén temos que xente de moi diversos orixes vivindo cerca. E non vamos camiño de convivir moito mellor entre nos ca fan en Los Angeles. ¿Ou sí?