Comer por 2€

12-01-2006

Hoxe parei a comer un MacDonalds. Tiña moita prisa e coidei que sería o sitio onde me darían a comida máis rápido, porque ¡coño! xa teñen as hamburguesas metidas nunha caixa. (Ahí levei media foda, porque tardei ben 15 minutos en ter a comida na bandexa). Esperando a que me servisen a comida reparei nunha señora maior, con apariencia humilde (Xa sei que non debería ser prexuicioso nestes casos, pero non tiña aspecto de ter moitos cartos). A señora pediu para comer a Hamburguesa de oferta (1€), as patacas fritas de oferta (1€), e un vaso de auga (gratis). Total, 2€. E alá foi a comer ela tan contenta.

Isto levoume a pensar... ¿É MacDonalds a opción máis barata para comer hoxendía?. Podería selo... canda menos en Madrid. En Madrid calquiera bocadillo en calqueira bar (de mala morte) costa bastante máis de 2€ (e non pensedes que son nen grandes, nen gorentosos). Na miña memoria, na antiguedade houbo un momento en que se podían tomar bocadillos a 250 pesetas... e de aquelas Macdonalds parecíame caro en comparación... Pero todo foi entrar o €uro, e todo está polas nubes...

Curiosamente, parece que os de MacDonalds levan varios anos mantendo continuamente a súa oferta de bocadillos a 1€. (Se cadra xa sempre costaron ese prezo). Parece que de verdade queren converterse no sitio onde comer barato. Cousa que que se cumple no resto do mundo, pero que antiguamente en España eran máis caros.


feed de comentarios - top


·La Rabadilla· ·Laconada· ·iRamos· ·O Vello Corvo· ·Palabros·
counter [CSS 2 Valid!] [XHTML 1.0 Valid!] [Made with Ant] [Get Firefox] RSS 1.0RSS 1.0 Atom 1.0RSS 1.0