Empanadillas

05-11-2003

Eu considero ás empanadillas coma o 'tentenpé' do futuro. Son todo avantaxes: Son do tamaño axeitado para tomar se non tes moita fame e se non é suficiente, pois podes repetir (e cun recheo diferente). (Ainda que, en Santiago teñome fixado que as empanadillas son enormes, e costa moito comelas enteiras. Nese caso haberá que compartilas). Van pechadas, co que son cómodas e hixienicas para comer, fáciles de transportar e de bóa conservación. Logo admiten todo tipo de contido... Pero habitualmente se fan de pescado e vexetais,co cal son sanas e dietéticas.

Eu personalmente prefiro as empanadillas forneadas ás fritas. As fritas me parecen demasiado aceitosas ( sei que hai moita outra xente que é da opinión contraria). E nas forneadas, prefiro as de masa de pan ás de masa follada. (Para os idiotas que topen graciosa esta palabra: 'hojaldre' en castelán dise 'follada' en galego, mentras que 'follada' se di 'fodida'. Non hai confusión posible.)

Vou facer unha pequena lista das miñas empanadillas favoritas en Vigo. Istas son:

¿ Estás de acordo ? ¿ En desacordo ? ¿ Pensas que me deixei fora algunha empanadilla merecedora de ser probada ? Pois non dubides: escribeme, que eu tamén devezo por descubrir novas e deliciosas empanadillas.

Por recomendación dun lector da páxina: "Ante todo felicitarte, por la pagina web ,y decirle que no me he podido resistir el recomendarle que saboree las empanadillas que distribuyen en la cafeteria Mobba 2 en la av/de la florida 159 o incluso en la cafeteria TRIBUNA, ubicada justo enfrente el Estadio de Balaidos en Vigo,son unas empanadillas hechas a mano, con ingredientes tradicionales, las cuales distribuimos por toda la provincia a los locales de hosteleria como esos dos que le mencione...". (Non sei se isto é publicidade encuberta, pero bueno, xa terei ocasión de probar as empanadillas estas que mencionan e xa opinarei por min mesmo).


feed de comentarios - top


·La Rabadilla· ·Laconada· ·iRamos· ·O Vello Corvo· ·Palabros·
counter [CSS 2 Valid!] [XHTML 1.0 Valid!] [Made with Ant] [Get Firefox] RSS 1.0RSS 1.0 Atom 1.0RSS 1.0